Pestanas principais

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez

Luns, 24 de xuño de 2024

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Música de Ames, organiza unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez Piñeiro, veciño do Milladoiro, que xa conta con numerosas distincións e premios. En 2022 recibiu unha mención de honra pola súa participación no Concurso Internacional Violin Competition, na categoría de menores de 21 anos. O concerto será o sábado 29 de xuño, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada será de balde ata completar aforo.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o vindeiro sábado 29 de xuño, ás 20.00 horas, unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez Piñeiro, veciño do Milladoiro. Trátase dunha nova actividade cultural para este verán na que o protagonista será Anxo Gómez, un músico que a pesar da súa xuventude, recibiu en 2022 unha mención de honra pola súa participación no Concurso Internacional Violin Competition, na categoría de menores de 21 anos.

O Concello de Ames está ampliando a súa oferta cultural a outras modalidades e neste caso aposta por unha velada de violín. Previamente, no pasado mes de abril, xa se organizou, tamén no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contou coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Musikakademie.

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez