Pestanas principais

A Casa do Concello recibe a visita do alumnado de cuarto do CEIP Agro do Muíño para coñecer o funcionamento da Administración local

Martes, 09 de abril de 2024

Esta mañá, o salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, recibiu a visita do alumnado de cuarto curso de educación primaria do CEIP Agro do Muíño, que se achegou á Casa consistorial para coñecer de primeira man o traballo que se realiza neste lugar. Así, acompañados de varios membros do Goberno local e dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG, arredor de 75 nenos e nenas aprenderon que é un pleno municipal, o traballo que realizan os edís municipais e as funcións que cumpre a Administración local. Ademais, a rapazada puido trasladar aos membros da Corporación as súas dúbidas e preguntas.

Tres grupos de alumnos e alumnas do CEIP Agro do Muíño visitaron esta mañá as instalacións do Concello de Ames. Así, o alumnado de cuarto de educación primaria das tres clases desprazouse ata a Casa do Concello, para coñecer como funciona unha administración municipal. O alumnado estivo acompañado do profesorado do centro.

O alcalde, Blas García, e maila concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, foron os encargados de guiar aos rapaces e rapazas polas dependencias da Casa do Concello. Primeiro visitaron o despacho do alcalde e posteriormente estiveron no salón de plenos, onde estiveron acompañados dos/as concelleiros/as do Goberno municipal: Ana Belén Paz, Gustavo Nieto, Susana Señorís, Víctor Fernández, Javier Antelo e Uxía García. Ademais, estiveron presentes Oliva Agra e Pablo Beiroa, concelleiros/as do Partido Popular de Ames; e Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, do BNG de Ames.

A rapazada do colexio amesán chegou preparada ás dependencias locais, con varias preguntas listas, xa que nas últimas semanas viñan de estudar a Administración local nas súas clases, tal e como sinalou o profesorado do centro. Así, o salón de plenos foi o lugar escollido para que o alumnado trasladase as súas dúbidas a parte do Goberno local.

Funcionamento da Administración local
O rexedor municipal explicoulles que a Casa do Concello dispón de tres andares e que no primeiro andar é onde se atopa o rexistro municipal, onde se rexistran as diferentes solicitudes que fai a veciñanza.

Tamén lles explicou o funcionamento da Administración local, do pleno municipal, que o Concello recada taxas e impostos para poder ofrecer servizos, etc. Os rapaces e rapazas aproveitaron a visita para resolver varias dúbidas e inquedanzas que traían preparadas, como que se decide nos plenos, quen decide cales son as iniciativas que se poñen en marcha no Concello ou quen xestiona o orzamento municipal.

O alcalde tamén lles ensinou o libro de honra do Concello de Ames, o bastón de alcalde e a medalla do Concello de Ames, que se lle entrega a todos os concelleiros e concelleiras no momento que toman posesión do seu cargo no pleno de investidura.

O alcalde rematou dicíndolle ao alumnado que a política é un importante para mellorar as vidas das persoas. Ademais animounos a estudar moito, facerlle caso aos profesores/as e a falar en galego para coidar da nosa lingua.

A Casa do Concello recibe a visita do alumnado de cuarto do CEIP Agro do Muíño para coñecer o funcionamento da Administración local

Multimedia

  • A Casa do Concello recibe a visita do alumnado de cuarto do CEIP Agro do Muíño para coñecer o funcionamento da Administración local