Pestanas principais

Catro ciclistas do club amesán Os Esfola Arrós participaron na segunda proba da Copa Galicia de XCO

Sábado, 05 de xuño de 2021

O club Os Esfola Arrós competiu na segunda competición do ano en Galicia. Catro ciclistas do club ciclista amesán competiron na Copa Galicia Cross Country celebrada en Cambre. Ademais, o Esfola Arrós tamén estivo representado no Campionato Galego de Trail na Pobra do Caramiñal.

Cambre acolleu a segunda proba da Copa Galicia Cross Country. O club amesán Os Esfola Arrós participou nesta proba con catro ciclistas, dous sendo máster 30 e outros dous master 40.

Uxío Canosa, máster 40, seria o 6° clasificado despois de unha boa carreira . Na mesma categoría, Francisco Lueiro conseguía o 41° posto logo de rodar constante durante toda a competición.

No máster 30 dos Esfola Arros participou Jorge Pérez, sendo o 5° clasificado, chegando a rodar na terceira posición da xeral. O compañeiro Ángel Romar, acadaba o  11° posto nunha proba que significaría o debut coas cores do club.

Por outra parte, tamén se disputaría na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Trail ao que acudiría o "Keniata", do Esfola Arrós. Tratouse dunha proba moi dura de 25 quilómetros na que usaría toda a #oeapower dispoñible! Acabaría no posto 46º da xeral con 2 horas e 41 minutos de carreira. Moi bo resultado nunha proba moi esixente e con moito nivel .

Esfola Arrós

Multimedia

  • Esfola Arrós
  • Esfola Arrós