- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organizou este sábado 28 de decembro a primeira edición da Gladiator Race Kids, unha actividade enmarcada dentro da programación de Nadal de 2024. A carreira celebrouse na área deportiva do Milladoiro e congregou en total a 230 nenos e nenas, facendo deste evento unha proposta diferente na que pasar a xornada en familia facendo deporte.
Este sábado 28 de decembro, a área deportiva do Milladoiro acolleu a primeira edición da Gladiator Race Kids, unha carreira sen carácter competitivo e organizada pola empresa NOKAO, na que os máis pequenos da casa puideron gozar dunha xornada diferente facendo deporte en familia nestas datas de Nadal. Finalmente participaron 230 rapaces e rapazas nunha carreira chea de obstáculos e diversión.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, fixo un balance moi positivo desta primeira edición da carreira, “Estamos moi satisfeitos con esta primeira edición de Gladiator Race Kids, que foi todo un éxito, cubrindo en tempo récord as 230 prazas que contabamos. Dende ou Concello de Ames tentamos innovar para ofrecer actividades variadas. Esta é unha excelente forma de reunir á familia durante estas vacacións e crear recordos inesquecibles”.
A proba dividiuse en dous percorridos e baixo un sistema de quendas, permitindo saír a un máximo de 15 participantes cada cinco minutos: un de 500 metros aproximadamente para os menores de 3 a 5 anos e outro de 900 metros para o rapazada de 6 a 11 anos. Por outro lado, todos os participantes recibiron unha medalla tras finalizar a carreira.
A Gladiator Race Kids tivo unha gran acollida entre as familias de Ames, tendo case un total de participación na súa primeira edición. Deste xeito, o evento promoveu a pasar unha xornada diferente facendo deporte en familia e na que os máis pequenos da casa puideron poñerse a proba física e mentalmente coa realización de probas do máis orixinais.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "'A Gladiator Race Kids xunta 230 nenos no Milladoiro"