Pestanas principais

Centos de familias participaron na cuarta edición da Festa do Apego

Luns, 08 de maio de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organizou o pasado sábado unha nova edición da Festa do Apego que se celebrou nas instalacións da Casa da Cultura de Bertamiráns e na praza de Chavián. Unha vez máis, a dita celebración contou cun gran éxito de participación. Centos de familias ateigaron as actividades e os espazos de xogos e de recursos. Na actualidade hai preto 400 familias amesás adheridas ao programa Apego, que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da xornada. 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames leva desenvolvendo o programa Apego dende o ano 2015. Trátase dun programa de dinamización da lingua consolidado no noso concello tal e como demostra o éxito das actividades que se realizan periodicamente e as preto de 400 familias que están adheridas a esta iniciativa.

Dentro do dito programa, todos os anos se organiza unha festa para achegarlles ás familias recursos e referentes que enriquezan a crianza e favorezan a transmisión da lingua de xeito divertido, creativo e natural. Nesta ocasión, realizouse o pasado sábado na Casa da Cultura de Bertamiráns e na praza de Chavián. Houbo concertos, espectáculos interactivos, sesións de contos con música, obradoiros, xogos e espazos informativos e de recursos. Ademais, as librarías de Ames, Máinomen e Lenda de Bertamiráns e Nenos Nais do Milladoiro, colaboraron co proxecto ofrecendo nos seus escaparates unha mostra de recursos infantís en galego (libros, discos, xogos, contos...) que estivo dispoñible desde o 2 ao 6 de maio.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística indican que a dita celebración contou cun gran éxito de participación. Houbo un cheo absoluto en todas as actividades e nos espazos de recursos e xogos. Centos e centos de familias encheron a Casa da Cultura e a praza de Chavián durante toda a xornada, unha mostra do interese e da demanda deste tipo de iniciativas que favorecen a crianza en galego.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "A Festa do Apego celebrou unha concorrida cuarta edición"

Centos de familias participaron na cuarta edición da Festa do Apego

Multimedia

  • Centos de familias participaron na cuarta edición da Festa do Apego