Pestanas principais

Chega ao Milladoiro a exposición do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo

Xoves, 30 de maio de 2024

Esta mañá inaugurouse na Casa da Cultura do Milladoiro a exposición itinerante do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, un dos premios á creación convocados pola Deputación da Coruña. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a deputada de Cultura, Natividade González, que estiveron acompañados dunha ampla representación de concelleiros/as do goberno municipal, así como dos grupos municipais do PP e do BNG. A mostra poderá visitarse no Milladoiro ata o 18 de xuño.

Despois de estar na Pobra do Caramiñal, a exposición itinerante do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo chega ao Milladoiro, onde se poderá visitar ata o vindeiro 18 de xuño. Nesta mostra exhíbese a obra gañadora do certame, xunto con 11 obras máis que concursaron e foron adquiridas para formar parte da colección da Deputación da Coruña. Ademais, inclúe outras cinco pezas seleccionadas polo xurado.

Acto de inauguración
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “sempre é unha alegría ter activade cultural no noso concello, que destaca especialmente pola súa oferta no eido da cultura”. Ademais, agradeceu á Deputación da Coruña que pensase en Ames para acoller esta mostra, e fixo un chamamento á veciñanza “para que se achegue ata a Casa da Cultura do Milladoiro para desfrutar desta exposición”. Así mesmo, puxo en valor a figura de Isaac Díaz Pardo como promotor da cultura galega e defensor da nosa lingua.

Pola súa banda, a deputada provincial de Cultura, Natividade González, agradeceu durante a súa intervención a colaboración dos concellos para promover as propostas culturais do seu departamento. “Para nós resultaría imposible facer todo o que facemos se non puidésemos contar cos concellos. Sen esa cooperación, sería inviable achegar aos municipios coruñeses o traballo das creadoras e creadores do noso país e doutros de relevancia internacional”. Así mesmo, a deputada salientou a importante presenza de mulleres na mostra: 10 de 17 artistas.

A exposición
Esta mostra exhibe a obra gañadora do certame, “erre melón”, de Berio Molina, e once obras máis que concursaron e foron adquiridas para formar parte da colección da Deputación:
    • Autorretrato, de Enrique Lista.
    • Man under the shade, de Damián Ucieda Cortés.
    • #3, da serie Himno, de Juan López.
    • Escrito en las hojas, 11, de Verónica Vicente.
    • Testigos de confianza, de Rebeca Lar.
    • Historioporosis, de María X. Fernández.
    • Non só animal, de Alejandra Pombo Su.
    • Grafito sobre papel (II), de Cillas Rodríguez Bernal.
    • Horizonte/f3, de Juan Lesta.
    • Pulsaciones II (fragmentos 61, 62 e 63), de Ana Gesto.
    • Banle#03#, paisaxe tipográfico, de Andrés Dearca.

Inclúe, ademais, outras cinco pezas seleccionadas polo xurado: Libri Consolationis as Patrem Meum, de Ana Pillado Vega; Sin título. Da serie Deseños expandidos, de Héctor Francesch; Plena, de Andrea Costas; [Drawing Machine] [...] with the Sound of its Own Making, de Marco Costa Moreira; e Tengo un sofá amarillo (que es lo que se lleva ahora), de María Meijide.

Unha mostra itinerante
Logo do seu paso polo Milladoiro a exposición continuará a súa itinerancia por outras oito localidades da provincia da Coruña: Narón (no Pazo da Cultura, do 20 de xuño ao 9 de xullo), Ortigueira (no Claustro do Concello, do 1 ao 20 de agosto),  Culleredo (na Aula da Natureza, do 22 de agosto ao 10 de setembro), Noia (no Casino, do 12 de setembro ao 1 de outubro), Outes (na Casa da Cultura, do 3 ao 22 de outubro), Ribeira (no Centro Lustres Rivas, do 24 de outubro ao 12 de novembro), Porto do Son (na Casa da Cultura, do 14 de novembro ao 3 de decembro) e Cee (na Casa da Cultura, do 4 ao 19 de decembro).

Chega ao Milladoiro a exposición do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo

Multimedia

  • Chega ao Milladoiro a exposición do XVIII Certame de Arte Isaac Díaz Pardo