Pestanas principais

Comeza a campaña para facilitar a recollida e reciclado de vidro na hostalería de Ames

Luns, 09 de decembro de 2019

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Básicos, acaba de poñer en marcha unha nova campaña para facilitar a recollida e reciclado de vidro na hostalería do municipio de Ames. Deste xeito, os locais participantes na iniciativa que reciban a visita dos técnicos acreditados, e que aínda non sexan recicladores, poderán dispoñer, si así o solicitan, dun cubo con rodas para facilitarlles o transporte e vertedura de vidro nos contedores verdes destinados á súa reciclaxe, os cales contarán ademais con sistemas adecuados para facilitar esta separación dos seus residuos.

O sector da hostalería e a restauración é fundamental para a reciclaxe deste material, xa que xera o 52% dos residuos de envases de vidro. De aí o importante papel que xoga a colaboración cidadá e do sector da hostalería á hora de separar correctamente botellas, tarros ou frascos, para que posteriormente sexan depositados no contedor para envases de vidro.

Deste xeito, a través desta campaña os locais participantes na iniciativa que reciban a visita dos técnicos acreditados, e que aínda non sexan recicladores, poderán dispoñer, si así o solicitan, dun cubo con rodas para facilitarlles o transporte e vertedura de vidro nos contedores verdes destinados á súa reciclaxe, os cales contarán ademais con sistemas adecuados para facilitar esta separación dos seus residuos.

A non separación dos residuos ocasiona un colapso dos contedores no espazo público, que se enchen de materiais que non deberían estar alí e crean problemas de xestión, salubridade e comodidade entre a veciñanza e visitantes.

Plan Estatal Marco de Residuos
Por ese motivo, esta iniciativa pretende axudar a que se cumpran as orientacións previstas no Plan Estatal Marco de Residuos, que promove intensificar a separación e a recollida no sector de grandes xeradores Horeca (hoteis, restaurantes e cafeterías) e intensificar as labores de inspección, e control, e sanción, do cumprimento das obrigacións de todos os axentes que interveñen na aplicación da normativa de envases.

Cómpre lembrar que os envases de vidro recíclanse ao 100% de forma infinita, e de cada botella, tarro ou frasco que se recicle, pódese obter outro exactamente igual. O papel de cada un de nós é moi importante, polo que desde o Concello dámosvos as grazas anticipadas pola vosa colaboración que nos axudará a conseguir un municipio máis ecolóxico e sostible.

O concelleiro de Servizos Básicos, Blas García, explica que “a través desta campaña informarase aos hostaleiros da normativa existente, así como das medidas postas en marcha dende o Concello para fomentar a reciclaxe do vidro. O obxectivo é conseguir que toda a canle Horeca recicle residuos de envases de vidro, concienciar sobre a importancia da reciclaxe e informar de como se pode realizar o correcto reciclaxe de vidro”.

 

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames fomenta el reciclaje de vidrio en el sector de la hostelería al donar depósitos"

El Correo Gallego: "Ames facilitará con cubos el reciclaje del vidrio entre establecimientos hosteleros"

Compostela 24 horas: "Ames pon en marcha unha campaña para a recollida e reciclaxe de vidrio na hostalería"

Imaxe dun colector de vidro