Pestanas principais

Comeza a funcionar a Agrupación de Protección Civil de Ames con 19 voluntarios/as

Venres, 08 de setembro de 2017

[08-09-2017] O goberno municipal mantivo esta semana unha xuntanza con 15 das 19 persoas que se inscribiron como voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames. O obxectivo de dita xuntanza foi informarlles que van a participar nos eventos nos que interveña a Policía Local, e sempre, de xeito coordinado con este corpo de seguridade. Ademais, falouse da formación que o Concello lles van a ofrecer para a súa formación. Esta agrupación comezará a traballar este sábado, 9 de setembro, colaborando na organización da primeira edición da Carreira da Familia que se vai a celebrar no Milladoiro.

O alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron esta semana unha xuntanza co persoal que se apuntou como voluntario da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames. Dende o goberno municipal explicóuselles as tarefas que vai a realizar este grupo de traballo municipal.

Este corpo de voluntarios/as está previsto que traballe de xeito coordinado coa Policía Local. Prestará servizo nos distintos eventos e actividades nos que interveñan efectivos da Policía Local. Así, prestarán axuda en materia de emerxencias, incendios forestais, tráfico e outros eventos municipais (deportivos, culturais, etc) que se desenvolven ao longo do ano.

Asemade, está previsto que dende o Concello se facilite a formación oportuna a estas persoas para que poidan desenvolver con seguridade as actividades de carácter cívico e social nas que participen. Esta agrupación comezará a traballar este sábado, 9 de setembro, colaborando na organización da primeira edición da Carreira da Familia que se vai a celebrar no Milladoiro.

O rexedor municipal destaca que “coa creación desta Agrupación de Protección Civil sáldase unha débeda histórica neste concello porque nunca se contou con este servizo. É un paso importante porque o concello de Ames ao pasar dos 20.000 habitantes está obrigado por lei a dispor deste servizo”. Ademais, sinalou que “o obxectivo deste goberno é contar cun equipo de voluntarios e voluntarias formados e preparados para prestar un servizo eficaz, por esa razón apostaremos pola formación e a preparación deste persoal”.

Inscríbete como voluntario/a
O prazo para apuntarse como voluntario/a da devandita Agrupación de Protección Civil permanecerá aberto de xeito ininterrompido. Non existe unha data límete para poder unirse a este grupo municipal. Calquera persoa que o desexe pode facerse voluntario de Protección Civil en Ames. O procedemento é sinxelo: basta con baixar a ficha que acompaña a esta nova, cubrila e entregala no Rexistro Xeral do Concello, tanto na Casa Consistorial como nas Oficinas de Servizos Múltiples do Milladoiro. Na ficha, ademais dos datos habituais de nome, enderezo e DNI, pídese aos interesados que especifiquen se foron voluntarios de Protección Civil nalgún outro concello, se teñen cursos de Protección Civil e cales e se posúen algunha experiencia laboral vinculada á actividade que realiza Protección Civil.

Tamén se require saber se o interesado/a ten carné de conducir, cal é a súa situación laboral e a súa dispoñibilidade horaria. Deste xeito solicítase a incorporación como voluntario/a á Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Ames. Unha vez presentada esta solicitude, o departamento correspondente do Concello porase en contacto cos interesados/as para coñecer a súa disposición e saber máis polo miúdo se posúen algún tipo de formación ou experiencia relacionada coa actividade que se desenvolve na Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Nace en Ames una agrupación de Protección Civil con 19 voluntarios"
El Correo Gallego: "Voluntarios de Protección Civil, operativos por fin en Ames"
El Correo Gallego: "Protección Civil de Ames arranca con 19 voluntarios"