Pestanas principais

Comeza a primeira edición do concurso Baila con Ames con máis de 60 participantes

Sábado, 22 de xuño de 2024

Este venres, 21 de xuño, botou a andar a primeira edición do concurso Baila con Ames. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, o xurado decidiu que todos os/as participantes pasan á final.  Deste xeito, esta fase de preselección serviu de presentación das actuacións ante o xurado. Unhas 500 persoas acudiron de público e estiveron nas gradas das pistas deportivas do Milladoiro vendo os distintos espectáculos. Polo tanto, pasan á fase final 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos. A final do concurso farase en Bertamiráns o 31 de agosto na pista de deportes da praza de Chavián. Repartiranse 2.500 euros en premios. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería da fase de preselección.

Este concurso está organizado pola Concellería de Promoción Económica e conta coa colaboración da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Existen dúas categorías: individual ou parellas; e grupos de 3 a 12 persoas. Na xornada de selección realizada este venres, 21 de xuño, no Milladoiro, participaron 5 persoas na categoría individual e 4 parellas. Na categoría de grupos inscribíronse 9 grupos: 3 grupos de 3 persoas, 1 grupo de 4 persoas, 2 grupos de 5 persoas, 1 grupo de 8 persoas, 1 grupo de 9 persoas e 1 grupo de 12 persoas. En total participaron 65 persoas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, valorou de xeito moi positivo a participación na primeira edición do concurso Baila con Ames. “Este é un concurso que xa tíñamos pensado poñer en marcha dende hai dous anos, para darlle continuidade ao concurso Canta con Ames que xa levamos celebrando dende 2021. Este certame pretende dinamizar o sector comercial focalizando a atracción de posibles consumidores nas principais rúas comerciais, en colaboración coas asociacións empresariais máis representativas do concello. A finalidade é incrementar o consumo no comercio local atraendo a un maior número de persoas ao concello de Ames”.

Todos os/as participantes acceden á final
Unha vez rematada a actuación de todos/as os/as participantes, mentres que o xurado deliberaba, houbo exhibicións a cargo dos grupos de baile moderno e funky e da parella Rania e Kael, pertencentes á Escola de baile Danzaya. O xurado está composto de tres profesionais do mundo do baile: Daniela Filloy Posada, Magaly Balsa Vilas e María Iglesias Bermúdez.

Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, o xurado decidiu que todos os/as participantes pasan á final. Deste xeito, esta fase de preselección serviu de presentación das actuacións ante o xurado. Unhas 500 persoas acudiron de público e estiveron nas gradas das pistas deportivas do Milladoiro vendo os distintos espectáculos. Polo tanto pasan á fase final 9 participantes na categoría individual ou parella (5 persoas na categoría individual e 4 parellas) e 9 grupos (3 grupos de 3 persoas, 1 grupo de 4 persoas, 2 grupos de 5 persoas, 1 grupo de 8 persoas, 1 grupo de 9 persoas e 1 grupo de 12 persoas).

Fase final
A final celebrarase de xeito presencial en Bertamiráns o día 31 de agosto, ás 19.00 horas, nunha única xornada na que participarán as persoas clasificadas na fase de selección. Na fase final os/as aspirantes (grupos, dúos ou individual) interpretarán un baile por participante. Os participantes previa comunicación poderán interpretar os temas de maior duración. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo. Como segunda opción, será a organización a que decida o tema coincidente entre os concursantes afectados. Nesta fase o ditarase o fallo do xurado cos premiados, este fallo do xurado será inapelable. Os ganadores/as daranse a coñecer ese mesmo día.

Premios
Establécense os seguintes premios: 1.000 euros para a primeira categoría (individual ou dúo) e 1.500 euros para a categoría de grupos. Por cada categoría, as persoas gañadoras outorgaráselle un único trofeo en recoñecemento da súa participación, unha única cesta saudable, un único vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso e a posibilidade de bailar nas Prebadaladas de Ames 2024.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Calidade máxima no primeiro certame Baila con Ames e cincocentas persoas aplaudindo"

Comeza a primeira edición do concurso Baila con Ames con máis de 60 participantes

Multimedia

  • Comeza a primeira edición do concurso Baila con Ames con máis de 60 participantes