Pestanas principais

Comeza unha nova edición do curso de monitor de tempo que organiza o Concello de Ames

Martes, 29 de abril de 2014

[29-04-2014] O Concello de Ames, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organizou un curso de monitor de tempo libre, que se está desenvolvendo no Centro de Formación de Aldea Nova. Este curso consta de 350 horas teóricas e prácticas. As sesións de clase teñen unha duración de 10 horas diarias, en horario de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 21:00 horas, repartidas en días festivos, sábados e domingos. A continuación, os alumnos deberán completar a súa formación cun período de prácticas de 150 horas. As persoas que están participando neste curso obterán a titulación oficial de monitor de tempo libre, documento que será expedido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Período de prácticas
A continuación, o alumnado deberá realizar un período de prácticas de 150 horas lectivas en empresas relacionadas con este sector e baixo a tutela dun director ou responsable. Previa á realización das prácticas, o alumnado deberá entregar un proxecto, coa programación das mesmas e onde figuren a maior parte dos datos posibles.

Ao remate, deberá entregar unha memoria de elaboración propia e individual, que conteña unha síntese de experiencia nas diferentes actividades, as valoracións particulares e xerais. As prácticas poderán realizarse de xeito intensivo, concentrándoas en 14 días de actividade (en bloques non inferiores a 3 días) ou cursando as 150 horas nunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

Unha vez rematado o curso o alumnado acadará a titulación oficial de monitor de tempo libre, documento que será expedido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

O curso de monitor de tempo libre é unha formación útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral. Este título capacita para deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á xuventude, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais.

O curso de monitor de tempo libre, que está desenvolvéndose no Centro de Formación de Aldea Nova, comezou cunha parte teórica de 200 horas lectivas. As sesións de clase teñen unha duración de 10 horas diarias, en horario de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 21:00 horas, repartidas en días festivos, sábados e domingos. As clases teóricas comezaron o sábado pasado, 26 de abril, e desenvolveranse ata o vindeiro 28 de xuño. No mes de abril impartíronse 20 horas, en maio impartiranse 100 horas; e no mes de xuño daranse 80 horas de formación teórica.

Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía; dinámicas de grupo; socioloxía; metodoloxía educativa; base educativa a partires do xogo; xogos no tempo libre; expresión musical, dramática, plástica, deportiva; educación ambiental; roteiros e campismo; aspectos médicos na saúde e aspectos sociais na saúde: hábitos, sexualidade; lexislación; recursos socio-culturais; medios audiovisuais; orientación; lecer e discapacidade.