Pestanas principais

Comezan as audicións na Escola Municipal de Música

Venres, 09 de abril de 2021

O alumnado da Escola Municipal de Música amosa estes días o aprendido durante este curso a través dunha serie de audicións que se prolongarán durante todo o mes de abril. As audicións comezaron o xoves, día 8 co alumnado de canto. Debido as restricións sanitarias que marca a loita contra a COVID19, este curso as audicións realizaranse na propia escola e co único público dos/as estudantes de cada especialidade.

O alumnado de canto amosou o traballo feito durante o curso o pasado xoves 8 de abril. O martes, 13, ás 19:00 horas tocaralle quenda aos alumnos/as de saxofón. O/as estudantes de guitarra amosarán o seu traballo o mércores 14 de abril ás 19:00 horas. O alumnado de percusión ensinará o aprendido durante estes meses o día 19, ás 18:00 horas. Os/as frautistas tócalles turno o luns, 26 de abril ás 10:30. Pecharán as quendas de audicións os alumnos e alumnas de violín o xoves 29 de abril, nun horario que se confirmará a medida que se vaia achegando a data.

“Estas breves actuacións son fundamentais para a formación musical do alumnado e completan a súa aprendizaxe permitindo acadar un dos obxectivos fundamentais da música: compartila cos demais”, manifesta a concelleira de Cultura, Natividade González de cuxo departamento depende a Escola Municipal de música. A concelleira matiza ademais que este ano só poderán compartir a experiencia cos seus compañeiros e compañeira de especialidade: “Agardemos que o grave problema sanitario que estamos tendo se arranxe  e os novos músicos e músicas poidan amosar no futuro, coma sempre fixeron, o seu traballo ás familias e a cidadanía en xeral”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Alumnos de la Escola de Música se suben al palco"

Audicións na EMMA

Multimedia

  • Cartaz EMMA