Pestanas principais

Comezan a emitirse as 21 pezas do IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua”

Luns, 02 de decembro de 2019

A emisora municipal Ames Radio emite do 2 ao 5 de decembro, no 107.2 FM, as pezas gravadas polos 21 grupos (7 do IES do Milladoiro e 14 do IES de Ames, en Bertamiráns), que participan no IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua”. A emisión das pezas farase ás 13.30h e ás 21.30 horas. Estes traballos tamén están dispoñibles na sección de AVISOS da páxina web municipal. A audiencia decidirá do 3 ao 8 de decembro a obra que obtén o premio do público, enviando un correo a radioteatro@concellodeames.gal. As persoas que queiran votar deberán identificarse e só se computa un voto por persoa. Ademais deste, haberá dous premios escollidos polo xurado designado polo Concello de Ames: premio ao mellor guión orixinal e á mellor interpretación.

Organizada polos departamentos de Mocidade, Normalización e Comunicación do Concello de Ames, a actividade pretende dinamizar dun xeito lúdico e a través da creatividade o uso oral e escrito do galego entre a mocidade amesá. Asemade, fomenta o gusto polo teatro e o achegamento á radio municipal. Nesta edición participan 69 as rapazas e rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, repartidos en 21 grupos (7 do IES do Milladoiro e 14 do IES de Ames, en Bertamiráns).

Dende o luns, 18 de novembro, e ata o xoves día 21 de novembro, os 21 grupos que participan no IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua” gravaron as súas pezas na emisora municipal, Ames Radio.

Agora, unha vez montadas todas as pezas vanse emitir en Ames Radio (FM 107.2) entre o 2 e o 5 de decembro. A emisión das pezas farase ás 13.30h e ás 21.30 horas. Estes traballos tamén están dispoñibles na sección de AVISOS da páxina web municipal. A audiencia decidirá do 3 ao 8 de decembro (ambos incluídos) a obra que obtén o premio do público, enviando un correo a radioteatro@concellodeames.gal. As persoas que queiran votar deberán identificarse e só se computa un voto por persoa.

Nesta edición participan sete grupos do IES do Milladoiro: A rebelión, Os Cómicos, Amesá, Os Ventinianos, Ponis Salvaxes, Sacarina e M.A.C; e 14 do IES de Ames (Bertamiráns): Pandilla de empanadilla, Patos sen zapatos, S.E.N.A, RVR, Plumas douradas, XVG, As de primeiro, Raíces de amizade, Sardiñas armadas, As catro fantásticas, As esquíos de Ames, Discípulos de Xosé Ramón, ZRI e A fume de carozo.

 

A Gala celebrarase o 19 de decembro

Como en edicións anteriores, haberá tres premios de 200 euros para os grupos gañadores: o premio ao mellor guión orixinal, o premio á mellor interpretación e o premio do público, polo que a audiencia de Ames Radio escollerá entre as pezas emitidas a que obterá este galardón.

Asemade, o Concello de Ames designará un xurado que será o encargado de seleccionar os premios ao mellor guión e interpretación. Os premios daranse a coñecer e entregaranse nunha gala o 19 de decembro de 2019, á que asistirá todo o alumnado participante.

Cartel Desata a Lingua

Multimedia

  • Cartel Desata a Lingua