Pestanas principais

Comezan no Milladoiro e Bertamiráns as actividades deportivas e terapéuticas de verán

Venres, 05 de xullo de 2024

Este luns, 1 de xullo, arrincaron no Milladoiro as actividades deportivas e terapéuticas de verán impulsadas pola Concellería de Deportes e Promoción da Saúde. Así, o luns tivo lugar a primeira sesión de taichi-chikung na piscina municipal do Milladoiro, e este mércores comezaron as sesións de ioga na piscina descuberta de Bertamiráns. Estas actividades son gratuítas, e non é necesaria inscrición previa. Premendo nesta ligazón pódese consultar completa a programación de actividades.

Un ano máis, a Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde pon en marcha un programa de actividades para os meses de xullo e agosto. Deste xeito, impártense actividades de ioga, taichi-chikung e ioga terapéutico en horario de mañá, mentres que polas tardes realízase aquagym e camiñadas no solpor.
 
A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, destaca “a importancia de facer exercicio físico ao longo do ano para estar ben fisicamente e mentalmente. O verán é unha época especialmente boa para facer deporte. Aproveitamos as piscinas municipais e mailas zonas verdes para organizar actividades como taichi, ioga e aquagym. Ademais, dámoslle continuidade as andainas saudables coa actividade Camiñando no solpor que tamén ten como punto de encontro os centros de saúde”.

Taichi, ioga, ioga terapéutico, aquagym e camiñadas
A actividade de taichi-chikung impártese do 1 ao 10 de xullo, os luns e mércores. No Milladoiro impártese na contorna da piscina municipal do Milladoiro, ás 10:00 horas, mentres que en Bertamiráns realízase nos xardíns do Pazo da Peregrina ás 11:30 horas. A duración da actividade é unha hora, aproximadamente. Nestes mesmos espazos e nos mesmos horarios ofrecerase ioga terapéutico entre o 15 e o 29 de xullo, os luns e xoves.

Por outra banda, a actividade de ioga é os mércores e venres de xullo na piscina descuberta de Bertamiráns, mentres que os martes e xoves impártese nos xardíns na piscina descuberta do Milladoiro. En ambas localidades dita actividade realízase ás 10.00 horas. En ambos casos, é obrigatorio levar esterilla para participar.

Por outro lado, as sesións de aquagym teñen lugar durante o mes de xullo os martes na piscina descuberta de Bertamiráns, e os xoves na piscina descuberta do Milladoiro. O horario é de 16:00 a 16:45 horas.

Para rematar, en agosto desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. Será os días 8 e 22 no Milladoiro e o 29 en Bertamiráns. En ambas localidades o punto de encontro será os centro de saúde, ás 20:00 horas.

Comezan no Milladoiro e Bertamiráns as actividades deportivas e terapéuticas de verán

Multimedia

  • Comezan no Milladoiro e Bertamiráns as actividades deportivas e terapéuticas de verán
  • Comezan no Milladoiro e Bertamiráns as actividades deportivas e terapéuticas de verán
  • Comezan no Milladoiro e Bertamiráns as actividades deportivas e terapéuticas de verán