- Tematica
Aproveitando o parón escolar nos meses de verán, estanse a desenvolver as obras de mellora da seguridade peonil na contorna do CEIP A Maía e do IES de Ames. Para elo, vaise ampliar a beirarrúa da estrada AC-544, que discorre entre o punto de acceso ao pavillón polideportivo de Bertamiráns e o portal de entrada do CEIP da Maía. Ademais, os traballos contemplan a pavimentación da explanada diante do IES e da baixada posterior, cun revestimento da cuneta. Estas obras foron adxudicadas, por un importe de 77.227 euros, á empresa SYR-AMG SL.
O obxectivo destes traballos é ampliar esta beirarrúa dándolle un metro máis de ancho e facer unha senda escolar co obxectivo de mellorar a seguridade de todos os pais/nais e alumnos/as que transitan diariamente por este lugar. Deste xeito, dáse cumprimento a unha vella reclamación da comunidade educativa. As obras executaranse en cinco treitos de 200x4,00; 100x4,00; 40x4,00; 30x15,00; 40x35,00 e 20x16,00 metros. A través de dita actuación vaise a mellorar a capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Contémplase tamén a construción de 175 metros (23, 28, 33, 33 e 58 metros) de beirarrúa de 1,50 metros de ancho, con bordo de formigón prefabricado, dez centímetros de zahorra, dez de formigón e baldosa de 40x40.
Por outra banda, executarase 590 metros (140, 120, 160, 90 e 2 de 40 metros) de cuneta de seguridade revestida de formigón, baixo a que se canalizará tubería de PVC de 315 milímetros de diámetro e executaranse 30 arquetas con sumidoiro, para a recollida de augas pluviais, previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma. Finalmente, tamén se contempla a limpeza de gabias e salvagabias, para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a sinalización horizontal con pintado de bordes, liñas de aparcamento e símbolos, a colocación de 30 fitos de protección e unha partida para entronques a redes e adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.
Este proxecto é sufragado con cargo ao Plan Único de Concellos "POS+ 2018". Para o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, os traballos “supoñen dar cumplimento a unha vella demanda da comunidade educativa, co obxectivo de ampliar a beirarrúa e facer unha senda que mellore a seguridade de todos os pais/nais e alumnos/as que transitan diariamente por este lugar”. Previamente, no ano 2016 xa se fixo unha reordenación do tráfico na entrada do CEIP da Maía. Así habilitouse unha beirarrúa na dársena de autobuses e estableceuse unha única fila única de autobuses en vez das dúas que existían anteriormente.
Ligazóns:
La Voz de Galicia: "Ames refuerza la seguridad vial en el área escolar de Bertamiráns"
El Correo Gallego: "En marcha a senda escolar na contorna do CEIP A Maía"
Compostela 24 horas: "O CEIP A Maía e o IES de Ames mellorará a súa seguridad peonil no vindeiro curso"