- Tematica
A Concellería de Cultura vén de organizar unha nova iniciativa cultural para o vindeiro mes de abril. A través do programa “Abril de cine” a veciñanza amesá poderá gozar de tres sesións de cine con filmes galego durante os mércores de abril. A primeira película que se proxectará será Ons, o vindeiro día 7 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns. A seguinte sesión será o 14 de abril co filme A Illa das mentiras, na Casa da Cultura do Milladoiro. A terceira e última sesión realizarase o día 21 de abril, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste caso proxectarase o filme Trote. Todas as proxeccións serán ás 20.00 horas. A entrada é de balde e débese reservar o convite a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña.
Os/as veciñas de Ames poderán desfrutar coa proxección de tres películas galegas durante as sesións do programa “Abril de Cine”. Deste xeito, a programación cultural, na que habitualmente están representadas as tres disciplinas de teatro, danza e música, amplíase debido á nova iniciativa da Concellaría de Cultura. Vanse proxectar tres filmes de recoñecida calidade. Dúas delas, Ons e A illa das mentiras acaparan a maior parte das candidaturas finalistas nas 25 categorías dos XIX Premios Mestre Mateo. Ademais, o filme Trote tivo 12 candidaturas nos 33 Premios Goya de 2019.
Este novo ciclo arrancará coa película Ons, que se proxectará o mércores, 7 de abril, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dun drama no que Vicente e Mariña chegan á illa para pasar o verán. El vén dun accidente e as súas consecuencias psicolóxicas, e a viaxe será bálsamo para o seu matrimonio. A estancia prolóngase a petición del, e, secretos gardados empezan a aflorar.
A seguinte sesión será o mércores, 14 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Neste caso proxectarase o filme A Illa das mentiras. Outro drama baseado nunha historia real dos anos 20. Un buque, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, fúndese fronte a illa de Sálvora. Tres mozas isleñas, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) y Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acude a Sálvora para cubrir a nova pero comproba que esa noite sucederon demasiadas terribles "casualidades".
O programa pecharase con Trote, na que se poderá ver escenas rodadas en Ames. Será o mércores, 21 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta película conta a historia dunha moza que vive nunha aldea nas montañas galegas xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre llo impediron.
A concelleira de Cultura, Natividade González, destaca que “con esta iniciativa queremos promover unha cita semanal, os mércores, onde a veciñanza amesá poida desfrutar da gran calidade do filme galego. Non cabe dúbida de que se debe considerar ó cinema en galego como un dos sectores máis na vangarda, e o cine en galego é un referente a nivel nacional. Neste ano de circunstancias extraordinarias, cabe resaltar todo o que o sector audiovisual ofrece ao conxunto da sociedade”
A entrada para asistir a ver calquera destes tres filmes é de balde. Aínda así débese reservar o convite a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Abril vén cargado para os amesáns de sesións de cine"
Lindeiros: "Abril de cine no concello de Ames"