Pestanas principais

Concello e gandeiros chegan a un acordo para a limitación dos vehículos agrícolas na Améndoa Central

Luns, 27 de xaneiro de 2025

Concello e gandeiros chegan a un acordo para a limitación de vehículos agrícolas na Améndoa Central. Esta xuntanza mantívose hoxe no salón de Plenos da Casa do Concello de Ames entre o alcalde, Blas García, o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, a Policía Local e gandeiros afectados. O acordo acadado manterá as restricións na Améndoa Central, aínda que contemplará excepcións para aqueles profesionais que carezan de alternativa de paso. Preme nesta ligazón para descargar a proposta de acordo.

A proposta remitida polo Concello de Ames e posteriormente aceptada fundaméntase en tres puntos principais: preservar a Améndoa Central, núcleo do centro urbano de preferencia peonil no que se garantirá a seguridade das persoas; cambio da sinais R-111 facilitando o acceso a vehículos agrícolas dende a rúa Alcalde Lorenzo a rúa Xunqueira, Avenida da Maía ata a rotonda que deriva na Avenida da Peregrina, e Avenida da Maía dirección Brión dende Travesía de Fontaldeiro; expedir permisos temporais ou puntuais dende a Policía Local, no caso de non existir viarios alternativos para o paso de vehículos agrícolas ás fincas.

O alcalde Blas García destacou a importancia dun acordo que fai posible a convivencia da seguridade peonil e da actividade agrícola: “Dende un primeiro momento mantivémonos abertos a recoller propostas e facer cambios, o que se transmitiu en todo momento é que de ningunha maneira se ía a regresar á situación anterior. Creo que este é un acordo que nos satisfai a todos e todas”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Desconvocan a mobilización de tractoristas por Bertamiráns tras chegar a acordo co Concello"

Lindeiros: "Os tractores non terán que sobrevoar Bertamiráns, en Ames"

Concello e gandeiros chegan a un acordo para a limitación dos vehículos agrícolas na Améndoa Central

Multimedia

  • Concello e gandeiros chegan a un acordo para a limitación dos vehículos agrícolas na Améndoa Central
  • Concello e gandeiros chegan a un acordo para a limitación dos vehículos agrícolas na Améndoa Central