Pestanas principais

Concentración hoxe, ás 12:00 horas, en repulsa da violencia machista

Luns, 30 de xaneiro de 2017

[30-01-2017] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, convoca para hoxe, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas Municipais en Milladoiro, en repulsa do asasinato acontecido este pasado domingo no municipio do Carballiño e no que mataron a unha muller de 55 anos.

Deste xeito, convídase a todo o persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Ames a que participen nesta concentración contra a violencia machista na que se gardará un minuto de silencio pola vítima.

O Concello de Ames pon a disposición de todas aquelas mulleres que precisen información sobre o maltrato teléfonos de atención dos Servizos Sociais de Bertamiráns, 981 890 964, e dos Servizos Sociais do Milladoiro, 981 535 941. Ademais, tamén poden recibir atención no 016, o Teléfono da Muller.