- Tematica
O Concello de Ames súmase á concentración convocada pola Plataforma Feminista de Ames hoxe, 11 de xuño, ás 20.00 horas, na Praza da Maía para amosar a repulsa contra este novo acto de violencia machista.
Tras o encontro do corpo asasinado de Olivia, a irmán maior das nenas desaparecidas en Tenerife, a Plataforma Feminista de Ames convoca unha concentración de urxencia. Hoxe, 11 de xuño, ás 20.00 horas, na Praza da Maía, convídase aos veciños e veciñas de Ames a inundar a rúa “fronte a barbarie machista”.
Anímase as/ aos participantes, a acudir con cacerolas ou asubíos para facer ruído e así romper o silencio fronte a violencia vicaria.
É obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de 1,5 metros de seguridade.
Convocatorias en Galicia
A convocatoria de Ames súmase ás que convoca a Plataforma Feminista na Coruña, na Agudiña, en Catoir, Carballo, Santiago de Compostela, Lugo, Marín, O Porriño, Sada e Vigo.