Pestanas principais

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, participou nunha plantación de árbores coa que o Concello de Ames conmemorou o Día Forestal Mundial

Venres, 21 de marzo de 2014

[21-03-2014] Este venres, 21 de marzo, o Concello de Ames conmemorou o Día Forestal Mundial cunha plantación de 15 plantas de carballos, bidueiros e pradairos nun tramo do paseo fluvial de Bertamirans que linda co río Sar. Nesta plantación participaron a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o alcalde de Ames, Santiago Amor, o Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, que estiveron acompañados dun grupo de 50 nenos/as do CEIP Agro do Muíño e de diferentes traballadores/as municipais.


Actividades do Día Mundial da Auga
Por outra banda, o Concello de Ames conmemora esta fin de semana e o día 29 de marzo o Día Mundial da Auga. Este programa de actividades comeza este venres, 21 de marzo, cunha charla-coloquio sobre a mellora das características físicas, biolóxicas e supresión de enfermidades dos fondos fluviais a través da aplicación de microorganismos efectivos. Durante a xornada do sábado, 22 de marzo, desenvolverase un obradoiro na Aula da Natureza para que todos os veciños/as que poidan se acheguen a estas instalacións municipais co fin de axudar na elaboración de 8.000 bolas de arxila impregnadas de microorganismos eficientes, que se lanzarán ao fondo do río Sar o día 29 de marzo nun acto que se realizará no paseo fluvial de Bertamiráns. A través desta actuación preténdese mellorar a calidade ambiental do río Sar.

Estas actuacións permitirán continuar co traballo desenvolvido en anos anteriores co que se busca a mellora da situación do cauce situado á beira do río Sar. Grazas a outra axuda da dirección xeral de conservación da natureza, concedida en 2011, o concello de ames puxo en marcha un proxecto piloto de técnicas de restauración de marxes e ribeiras do río, ao que agora se lle dá continuidade cunha segunda subvención para a preservacion dos ecosistemas do río Sar. Esta subvención foi concedidada no ano 2013 e na actualidade estáse desenvolvendo a segunda anualidade.

Seguindo esta liña de traballo o Concello de Ames de forma conxunto co Concello de Brión solicitaron unha subvención para desenvolver un obradoiro de emprego. O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que “o obxectivo do Concello é continuar coas tarefas de biorestauración das beiras do río Sar, nas que se xa se está traballando, gracias á subvención concedida pola Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia. Ademais, vaise rediseñar e acondicionar unha ruta ambiental que discorrerá ao carón do río Sar. Este proxecto consiste en acondicionar e sinalizar unha nova senda peonil pola zona Rede Natura, establecendo un trazado que aproveite camiños tradicionais de monte”. Por último o rexedor municipal destacou que o Concello de Ames xa dispón dos correspondentes permisos de Augas de Galicia e da Dirección Xeral de Conservación para poder desenvolver estes proxectos.

Protección medio ambiental do río Sar
O Concello de Ames está desenvolvendo unha serie de accións encamiñadas á mellora do río Sar na zona Rede Natura 2000. Para iso manten un contacto constante coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia. Deste xeito, no pasado mes de decemebro o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, mantiveron un encontro de traballo coa directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, para abordar cuestións claves para o municipio amiense desde o punto de vista da protección medio ambiental, especialmente do espazo Rede Natura.

O Concello de Ames está desenvolvendo un conxunto de actuacións encamiñadas á mellora da conservación dos hábitats naturais de ribeira nas marxes do río Sar, ao seu paso polo concello de Ames, dentro da área LIC da Rede Natura 2000. O obxectivo prioritario é a preservación da vexetación de ribeira existente para conseguir o asentamento dun corredoiro fluvial formado pola vexetación autóctona. Para iso, estase acometendo a limpeza das especies vexetais invasoras mediante diferentes técnicas.

O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, preparaou para esta mañá unha plantación de árbores co obxectivo de conemorar o Día Forestal Mundial. Esta actividade desenvolveuse nun tramo do paseo fluvial de Bertamirán que linda co río Sar. Nesta plantación participaron a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que estivo acompañada do alcalde de Ames, Santiago Amor. Nesta iniciativa tamén participaron o Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar.

Ademais, nesta actividade participaron un grupo de 50 alumnos/as de 4º de Educación Primaria do CEIP Agro do Muíño. Tanto as autoridades como os nenos/as plantaron 15 plantas de tres especies diferentes (bidueiros, pradairos e carballos). Os rapaces e rapazas deste centro de ensino están traballando sobre o río Sar. Con esta activiadde reforzaron o aprendido nas aulas.

Neste acto a concelleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou que a industria forestal de Galicia factura 1.800 millóns de euros anuais e xera o 3,5% do Produto Interior Bruto (PIB) da nosa comunidade. Este sector emprega directamente preto de 25.000 persoas e indirectamente arredor de 50.000. Rosa Quintana incidiu tamén en que Galicia conta cunha superficie forestal de 2 millóns de hectáreas que representan máis do 7% da superficie forestal de España. Nesta superficie realízase o 50% das cortas de madeira que se efectúan en toda España, o que pon de manifesto a capacidade produtiva do noso sector forestal e o seu peso no conxunto do país.