Pestanas principais

Continúa aberto o prazo para mercar as entradas para asistir á cea solidaria Obra Social Pediatría - Concello de Ames

Xoves, 04 de maio de 2023

O Concello de Ames colabora na organización da primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, un evento que se realizará o vindeiro 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, co obxectivo de recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O evento está organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá o vindeiro 30 de xuño a primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames. Trátase dun evento que está organizado por Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos, e no que colabora o Concello de Ames. O obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS.

Baixo o lema “Axúdanos a debuxar o seu sorriso” o evento realizarase o venres, 30 de xuño, ás 20.30 horas. O prezo do menú será de 30 euros para os adultos e de 15 euros para os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Para os nenos e nenas de ata 6 anos a entrada será gratuíta. Destes importes, 5 euros son de donativo. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

As entradas para o evento, tamén, se poden obter en tres establecementos comerciais e hostaleiros de Bertamiráns (Don Budi, Imperfect e Secretos de Tocador) e noutros tres do Milladoiro (cafetería Casa da Cultura, Fátima Prego Estilistas e Nonna & Go).

Cartaz da cea solidaria Obra Social Pediatría - Concello de Ames

Multimedia

  • Cartaz da cea solidaria Obra Social Pediatría - Concello de Ames