Pestanas principais

Continúa en xullo o programa “AmesON de verán” co concerto do dúo Eva e Camilo, este venres 15 no Milladoiro

Xoves, 14 de xullo de 2022

O programa “AmesON de verán” prosegue a súa programación no mes de xullo, coa actuación do dúo Eva e Camilo, a primeira das tres programadas para este mes. Será este venres 15, ás 21:00 horas, na praza Manuel Murguía do Milladoiro. Nas próximas semanas, Ruth Cundíns e Habana Café Son pasarán polo AmesON, unha programación organizada pola Concellaría de Promoción Económica para dinamizar o comercio local e a hostalaría durante o período estival. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

O programa “AmesON de verán” segue en marcha no mes de xullo, despois de que o pasado 29 de xuño arrincase co concerto do grupo vigués Club Naval. A programación, que se vai desenvolver entre xuño e setembro,conta con 13 propostas para todos os públicos e con diversidade de xéneros musicais. Nesta ocasión é a quenda do dúo Eva e Camilo, que estará este venres 15 na praza Manuel Murguía do Milladoiro, ás 21:00 horas. A entrada é de balde e non cómpre retirar convite ou inscribirse.

Eva e Camilo é un dúo amesán, da parroquia de Bugallido, formado por Eva Sebe e Camilo García. Uns habituais nas verbenas, son coñecidos por cantar versións de temas clásicos, interactuando co publico e animando á participación.

O concerto de Eva e Camilo este venres será o primeiro dos tres eventos do “AmesON de verán” programados para o mes de xullo. Seguirán a esta actuación Ruth Cundíns, o sábado 23 en Bertamiráns, e Habana Café Son, o venres 29 de novo no Milladoiro.

Continúa en xullo o programa “AmesON de verán” co concerto do dúo Eva e Camilo, este venres 15 no Milladoiro

Multimedia

  • Continúa en xullo o programa “AmesON de verán” co concerto do dúo Eva e Camilo, este venres 15 no Milladoiro