Pestanas principais

Continúa a programación dos Encontros Literarios coa presentación, este xoves, da obra “Libérate del miedo” de Carmen Mari Granados

Mércores, 12 de marzo de 2025

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames continúa coas sesións dos Encontros Literarios, desta volta coa presentación da obra “Libértate del miedo” de Carmen Mari Granados. A presentación terá lugar este xoves, 13 de marzo, ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina.

O Concello de Ames, a través do departamento de Bibliotecas Municipais, continúa coas presentacións de libros enmarcadas dentro do programa “Encontros Literarios”, unha actividade que promove a literatura en galego e axuda a dar a coñecer autores próximos ou que están a comezar no mundo da literatura.

“Libérate del miedo” de Carmen Mari Granados
A protagonista do vindeiro encontro é Carmen Mari Granados, psicóloga con máis de 15 anos de experiencia nos campos como o do benestar emocional e o crecemento persoal. En “Libérate del miedo: Cómo superar tus barreras internas para vivir sin límites)”, a autora ofrece diferentes ferramentas prácticas, reflexións profundas e exemplos para axudar a superar os nosos posibles medos.

Deste xeito, a obra é unha guía práctica de superación na que o lector poderá atopar técnicas psicolóxicas para superar os bloqueos emocionais da vida diaria.

Programación Encontros Literarios 2024-25
Esta nova edición dos encontros literarios, xa comezou o pasado mes de decembro coa presentación de “A carón do lume” de Mónica Prego, continuando no mes de xaneiro coa sesión protagonizada por Ana Varela Miño e a presentación da súa obra “Runrun”. Así mesmo, estaba previsto para o pasado xoves 6 de marzo a presentación de “Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez e, finalmente, foi adiada polas condicións meteorolóxicas previstas para a xornada. A nova data escollida para este encontro é o vindeiro 18 de marzo.

Continúa a programación dos Encontros Literarios coa presentación, este xoves, da obra “Libérate del miedo” de Carmen Mari Granados

Multimedia

  • Continúa a programación dos Encontros Literarios coa presentación, este xoves, da obra “Libérate del miedo” de Carmen Mari Granados