- Tematica
O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 15 de xuño, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Presencia dixital para emprendedores: web, redes e ads”. As coworkers do Espazo A Proa, Isabel Viñas del Río (deseñadora web en Impulsa Dixital), e Luján Kubrusli (deseñadora multimedia en Kubrusli), van a presentar o seu primeiro taller no Espazo. A temática é a presencia dixital para emprendedores. Os/as coworkers usuarios/as do Espazo tiveron a oportunidade de formular preguntas ás poñentes que serán resoltas neste taller. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.
O vindeiro mércores, 15 de xuño, continúa a oferta de actividades do espazo colaborativo “A Proa”, situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro. Este centro coworking organizou un programa de talleres que comezou no pasado mes de marzo. Neste caso vaise a desenvolver o taller denominado “Presencia dixital para emprendedores: web, redes e ads”.
As coworkers do Espazo A Proa, Isabel Viñas del Río (deseñadora web en Impulsa Dixital), e Luján Kubrusli (deseñadora multimedia en Kubrusli), van a presentar o seu primeiro taller no Espazo. A temática é a presencia dixital para emprendedores. Os/as coworkers usuarios/as do Espazo tiveron a oportunidade de formular preguntas ás poñentes que serán resoltas neste taller.
Esta actividade é de balde e conta con prazas limitadas. As inscricións poden realizarse premendo nesta ligazón. Para máis información pódese visitar a páxina web www.espazoaproa.gal.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “dende o pasado mes de marzo o centro colaborativo A Proa está desenvolvendo un programa específico de actividades. Dita programación continúa a vindeira semana cun taller impartido polas coworkers Isabel Viñas del Río e Luján Kubrusli sobre a presencia dixital para emprendedores”.