- Tematica
Neste mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, continúan as sesións dos Encontros Literarios. Desta volta, o Pazo da Peregrina acollerá este mércores, 9 de abril, ás 20.00 horas, a presentación “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas” de Luz Darriba. Ademais da autora da obra, estará presente durante a charla a escritora e xornalista Nazaret López. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.
O Concello de Ames, a través do departamento de Bibliotecas Municipais, continúa neste mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, coas sesións enmarcadas dentro do programa “Encontros Literarios”, unha actividade que ten como obxectivo difundir e promover literatura en galego, xunto con dar a coñecer novos autores ou escritores próximos.
“Comida para gatos e outras delicatessen indixestas” de Luz Darriba
A protagonista desta sesión dos Encontros Literarios é Luz Darriba, unha artista multidisciplinar nada en Uruguai e que reside en España desde 1990. Leva décadas dedicada ao mundo da arte plástica, ámbito no que goza de gran recoñecemento e prestixio. Dentro da súa ampla traxectoria profesional, destaca o proxecto levado a cabo no ano 2000 que axudou a que a muralla romana de Lugo fora recoñecido como patrimonio da humanidade. No 2018 recibiu o Premio da Cultura Galega das Artes Plásticas.
En canto á literatura, Luz Darriba leva fusionando á ilustración e pintura cos libros dende os seus comezos, mais afondou máis nesta cuestión a comezos da década do 2010. "Comida para gatos e outras delicatessen indixestas" é a súa última obra, no que fai unha recompilación de dez relatos nos que se plasman diferentes asuntos e inquedanzas como poden ser a procura incansable do amor, a frustración ou a soidade.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "Continúan os Encontros Literarios coa presentación este mércores de “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, de Luz Darriba"