Pestanas principais

Continúan as sesións de contacontos infantís nas bibliotecas municipais

Luns, 19 de febreiro de 2024

Este martes, 20 de febreiro, continúan as sesións de contacontos organizadas polo departamento municipal de Bibliotecas. Orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, estas propostas de animación á lectura estanse a desenvolver tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

As bibliotecas de Ames están a desenvolver, como cada ano, as súas sesións de contacontos para a animación á lectura entre o público infantil. Deste xeito, súmanse aos tradicionais Encontros Literarios dirixidos a público adulto que se celebran no Pazo da Peregrina para presentar diversas obras literarias.

Esta semana chega á biblioteca de Bertamiráns o contacontos “Ensalada de contos”, que estará os días 20, 21 e 22 ás 17:30 horas.

Programación de contacontos
Desta volta, presentáronse catro propostas de contacontos, que se celebrarán mensualmente entre febreiro e maio, e que terán lugar tanto na biblioteca municipal de Bertamiráns como na do Milladoiro. Haberá tres sesións ao mes en cada unha delas, sempre a partir das 17:30 horas.

“Un, dous, tres contamos outra vez!” estará na biblioteca do Milladoiro os días 5, 6 e 7 de marzo, e na de Bertamiráns o 19, 20 e 21 do mesmo mes. Posteriormente, chegará a Ames “As cores do arco da vella”: no Milladoiro os días 2, 3 e 4 de abril; e en Bertamiráns o 16, 17 e 18 de abril.

Xa en maio celebrarase “Croco-contos”, con tres sesións no Milladoiro os días 14, 15 e 16 e outras tres en Bertamiráns os días 28, 29 e 30.

Inscricións
Os interesados en participar en calquera destas actividades deben anotarse previamente no prazo indicado, enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indique nome, apelidos e idade das crianzas que vaian acudir, e un teléfono de contacto. Así mesmo, tamén é posible inscribirse chamando ao teléfono 981 884 829 (para as sesións de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (para as sesións do Milladoiro).

O prazo de inscrición para cada unha das sesións pode consultarse nesta ligazón.

Contacontos en febreiro na biblioteca de Bertamiráns

Multimedia

  • Contacontos en febreiro na biblioteca de Bertamiráns