- Tematica
O Concello de Ames informa de que a Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, vén de convocar un cribado masivo de 12.000 persoas, de idades comprendidas entre os 41 e os 55 anos, da área sanitaria de Santiago e Barbanza, para a realización de probas PCR para detectar casos asintomáticos de Covid-19. Deste xeito, farase un cribado masivo a unha mostra aleatoria de 3.300 cidadáns, de entre 41 e 50 anos, con tarxeta sanitaria nos centros de saúde de Ames, que serán citados por SMS. Ditas probas realizaranse no recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela, o sábado 6 e mailo domingo 7 de febreiro. É moi imporante asistir a esta cita e respectar a hora e data da cita para evitar aglomeracións. O Concello solicitou este cribado nunha carta enviada está mesma semana ao Sergas.
Durante esta fin de semana o SERGAS continuará realizando cribados masivos de probas PCR. Deste xeito, está previsto convocar a un total de 12.000 persoas, de idades comprendidas entre os 41 e os 55 anos, para que acudan este sábado 6 e o domingo 7 de febreiro, ao recinto feiral de Amio, situado en Santiago de Compostela, para a realización de probas para detectar casos asintomáticos de Covid-19. Este cribado realízase despois de que esta mesma semana o Concello de Ames o solicitase a través dunha carta enviada ao Sergas.
Concretamente, convocouse a 3.300 cidadáns de entre 41 e 50 anos de idade asignados a centros de saúde de Ames e a 8.700 persoas de entre 46 e 55 anos con tarxeta sanitaria en centros de saúde de Santiago de Compostela. Estas persoas serán convocadas en distintos horarios para evitar aglomeracións. É moi imporante asistir a esta cita e respectar a hora e data da cita.
En canto aos resultados, trasladaranse por medio de mensaxe en caso negativo e vía telefónica para os positivos. O obxectivo da realización destas probas é detectar o maior número posible de contaxiados asintomáticos.
Dende o Goberno municipal de Ames solicítaselle a todas as persoas convocadas a que acudan a este cribado e amosen a súa responsabilidade e compromiso social. O alcalde de Ames, Jose Miñones, fai un chamamento á veciñanza “para amosar, unha vez máis, o gran compromiso do noso concello nos momentos necesarios, coma é este, co obxectivo de detectar casos asintomáticos de Covid”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Dos nuevos cribados citan en Amio a 8.700 personas de Santiago y a 3.300 más de Ames"