Pestanas principais

Convocatoria das probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega, Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2016

Mércores, 24 de agosto de 2016

[24-08-2016] A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ven de convocar as probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega Celga 1,2,3 e 4 no ano 2016O prazo de presentación de solicitudes de inscrición remata o luns 19 de setembro de 2016.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada (O Bierzo) nas seguintes datas: 5 de novembro o Celga 4, 6 de novembro o Celga 2. 12 de novembro o Celga 3 e 13 de novembro o Celga 1.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.lingua.gal. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Para máis información pódese consultar a seguinte ligazón: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160818/AnuncioG0164-110716-0005_gl.html.