Pestanas principais

Convocatoria de axudas destinadas ás familias numerosas

Martes, 08 de outubro de 2013

[08-10-2013] O Executivo amiense, reunido en Xunta de Goberno Local, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e a axuda consistirá no pagamento de 1.200 euros por unidade de convivencia. Con este tipo de iniciativas, o Concello de Ames pretende axudar na actual conxuntura económica a aquelas familias que máis dificultades teñen para a crianza dos fillos. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.

Os beneficiarios destas axudas serán aquelas familias numerosas que teñan a súa residencia habitual no municipio de Ames. Os interesados e interesadas poderán informarse dos requisitos e dos pasos a seguir nas oficinas do departamento de Servizos Sociais do Concello de Ames.

As solicitudes e a documentación requirida presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, ou ben no rexistro existente na oficina municipal do Milladoiro na Rúa de Abaixo, número 10. O prazo para presentar as solicitudes é de un mes, contado dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Debido a que as bases saíron publicadas o martes 8 de outubro de 2013 o prazo para presentar as solicitudes será do 9 de outubro ata o 8 de novembro de 2013.