Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Mércores, 04 de xullo de 2012

[04-07-2012] O Concello de Ames, en sesión de Xunta de Goberno Local celebrada o 7 de xuño de 2012, prestou aprobación as bases da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinados ao alumnado que cursou estudos de 2º ciclo de educación infantil durante o curso 2011-2012. Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións destinadas ao financiamento dos gastos efectuados durante o período 1/09/2011 a 31/12/211 en libros de texto e material escolar polo alumnado integrado en unidades familiares empadroadas no Concello de Ames, sempre que os alumnos estiveran matriculados durante o curso 2011/2012 nalgún curso de educación infantil (2º ciclo), nun centro sostido con fondos públicos, de acordo todo elo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade.

Poderán optar a estas subvencións os pais e nais -ou titores legais- dos nenos e nenas matriculados no curso escolar 2011/2012 nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos). Os solicitantes deberán cumprir, ademais dos requisitos recollidos no artigo 13.2 da Lei 18/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, os que de seguido se relacionan:

-A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no Concello de Ames.

-As/os alumnas/os para os que se solicita as axudas deberon estar matriculados no curso escolar 2011/2012 en centros de ensino sostidos con fondos públicos no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos).

-Que a renda per cápita da unidade familiar, computando os ingresos percibidos por todos os seus integrantes no exercicio 2010, non fora superior 100 % do IPREM anual con pagas extras fixado para o exercicio 2010 na cantidade de 7.455,14 euros.

As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ames, ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicitudes deberán presentaranse ata o 4 de agosto no rexistro xeral do Concello de Ames. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria de axudas e os impresos de solicitude.