Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas no ano 2016 por clubs e asociacións deportivas

Mércores, 19 de outubro de 2016

[19-10-2016] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividade levadas a cabo no exercicio 2016 por clubs e asociacións deportivas. A contía destinada a esta convocatoria ascende a 50.000 euros. O importe individual das achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria non poderá superar os 8.000 euros. Os obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos e promover a participación activa dos veciños e veciñas no deporte, como medio de promover a formación dos máis novos e de propiciar a convivencia. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria de axudas será dun mes desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. Hai que ter en conta que as bases desta convocatoria de axudas foron publicadas no BOP o día 19 de outubro de 2016. Os interesados e interesadas deberán presentar a documentación solicitada nas bases. As solicitudes deberán presentaranse no Rexistro xeral do Concello ou nalgún dos rexistros municipais auxiliares, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.