Pestanas principais

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais durante o ano 2013

Luns, 29 de xullo de 2013

[29-07-2013] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais durante o ano 2013. Nesta convocatoria de axudas poderán participar todas as asociacións culturais do concello de Ames, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames. O prazo para presentar as solicitudes rematará o 30 de agosto de 2013.