Pestanas principais

Convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2014

Luns, 31 de marzo de 2014

[31-03-2014] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude para participar na convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2014. En total, a esta convocatoria destínanse 29.600 euros e poderán beneficiarse dela as asociacións culturais de Ames, legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal, e as comisións de festas.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Deste xeito, as solicitudes poderán presentarse durante todo o mes de abril.