Pestanas principais

Convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2015

Martes, 26 de maio de 2015

[26-05-2015] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude para participar na convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2015. En total, a esta convocatoria destínanse 29.600 euros e poderán beneficiarse dela as asociacións culturais de Ames, legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal, e as comisións de festas.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde o 26 de maio, día no que se publicaron estas bases no BOP. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte.