Pestanas principais

Convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2016

Luns, 04 de xullo de 2016

[04-07-2016] Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude para participar na convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no 2016. A contía desta convocatoria ascende a 29.500 euros. O importe individual das achegas dependerá dos habitantes censados en cada lugar ou parroquia en que se celebren. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde o 1 de xullo, día no que se publicaron estas bases no BOP. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte.