Pestanas principais

Convocatoria dos aspirantes ao proceso de provisión de dous/dúas técnicos/as de inserción laboral do programa "InserAmes-Brión" para a lectura do exercicio da fase de oposición

Martes, 03 de decembro de 2013

[03-12-2013] O departamento de persoal do Concello de Ames informa de que se convoca aos aspirantes, que se presentaron á fase de oposición do proceso de provisión de dous/dúas técnicos/as de inserción laboral do programa "InserAmes-Brión", para a lectura do exercicio realizado en devandita fase. Os aspirantes deberán presentarse, provisto do NIF, no salón de Plenos da Casa do Concello, situada na Praza do Concello, nas datas e horas que se detallan no documento que podes obter premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas.