Pestanas principais

Convocatoria para a creación de dúas bolsas de traballo: unha de oficiais de albaneis e outra de oficiais xardineiros

Venres, 02 de decembro de 2016

[02-12-2016] O Concello de Ames informa do anuncio, que foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, número 229, de 2 de decembro de 2016, polo cal se convoca a creación de dúas bolsas de traballo: unha de oficiais de albaneis e outra de oficiais xardineiros. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, así como o modelo de declaración xurada e o modelo de solicitude do proceso selectivo. O límite de entrega das solicitudes é o día 20 de decembro de 2016. Os interesados/as contan con 10 días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP.