Pestanas principais

Convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo de animadores/as á lectura para as Bibliotecas municipais de Ames

Venres, 02 de decembro de 2016

[02-12-2016] O Concello de Ames informa do anuncio, que foi publicado no Boletín Oficial da Provincia, número 229, de 2 de decembro de 2016, polo cal se convoca a creación dunha bolsa de traballo de animadores/as á lectura para as Bibliotecas municipais de Ames. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio e as bases publicadas no BOP, o modelo de declaración xurada, o modelo de solicitude do proceso selectivo e o temario sobre diferentes cuestións das bibliotecas municipais. O límite de entrega das solicitudes é o día 20 de decembro de 2016. Os interesados/as contan con 10 días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP.