Pestanas principais

A Coral Polifónica de Bugallido participa este sábado no Encontro de Coros da cidade portuguesa de Maia

Xoves, 09 de maio de 2024

Este sábado, 11 de maio, a Coral Polifónica de Bugallido desprazarase ata a localidade portuguesa de Maia, preto de Porto, para participar nun concerto de agrupacións corais organizado polo Conservatorio de Música desa cidade.

Neste evento, que se desenvolverá na Igrexa parroquial de Gueifaes a partir das 21:30 horas, intervirán tamén catro corais desa zona: o Coro das Crianças de Gueifaes, o Coro Nossa Senhora da Assunçao, o Coro Vitae e o Coro de Pais Conservatorio de Música da Maia.

O concerto forma parte dun intercambio cultural establecido entre o Conservatorio de Música de Maia e a Coral Polifónica de Bugallido, mediante o que se contempla tamén unha actuación en Ames do Coro de Pais do Conservatorio de Maia, que terá lugar no vindeiro mes de novembro.

Esta viaxe durará todo o fin de semana, e será aproveitada para realizar unha visita guiada por Maia e contorno, así como nas localidades de Vila do Conde e Barcelos.

A Coral Polifónica de Bugallido participa este sábado no Encontro de Coros da cidade portuguesa de Maia

Multimedia

  • A Coral Polifónica de Bugallido participa este sábado no Encontro de Coros da cidade portuguesa de Maia