Pestanas principais

Cortes de tráfico e limitación de estacionamento con motivo do inicio das obras na rúa Anxeriz do Milladoiro

Mércores, 14 de xaneiro de 2015

[14-01-2015] Con motivo das obras de reparación da calzada na rúa Anxeriz do Milladoiro, que se iniciarán o luns, 19 de xaneiro, cortarase ao tráfico o cruzamento das rúas Anxeriz con Raxoeira e o tramo comprendido entre dita intersección e os números 5 e 7, ambos incluídos. Picando no enlace da túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso emitido polo Concello de Ames.