Pestanas principais

Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento debido á celebración da XVIII Carreira Pedestre Popular

Martes, 17 de outubro de 2017

[17-10-2017] O Concello de Ames informa que con motivo da celebración da XVIII Carreira Pedestre Popular que se celebrará este domingo, 22 de outubro de 2017, nos arredores da Casa do Concello de Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo), estará prohibido estacionar na rúa Alcalde Lorenzo o domingo 22 de outubro, dende as 8:00 horas ata as 15:00 horas.

Ademais, haberá cortes de tráfico, de 10:00 a 14:00 horas, nas seguintes rúas, aldeas ou lugares por onde transcorre a citada carreira: rúa Alcalde Lorenzo, A Condomiña, estrada DP-0205 ata a rotonda do Agro do Muíño, quedando afectadas todas as vías de acceso a ese tramo, Agro do Muíño, Sisalde, rúa Entrerríos, rúa Agrelo, rúa Xunqueira, A Condomiña e As Punxeiras.

Debido a iso recoméndase evitar as vías mencionadas e acceder pola AG-56 ou AC-300 (Os Ánxeles-Picaraña) cara Padrón. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito aviso.