Sábado, 25 de febreiro de 2017
[25-02-2017] O Concello de Ames informa de que este luns, 27 de febreiro, as asociacións AEMI e Palmira Bulevar organizan no Milladorio un desfile de Entroido, entre as 17:30 e as 20:30 horas, que discorrerá polas rúas Travesía do Porto, rúa Palmeiras, rúa Agro do Medio, rúa de Abaixo, avenida Muíño Vello, rúa de Anxeriz, rúa Curuxa, rúa Rosalía de Castro, rúa Viorneira, rúa Agro da Madalena, rúa Estivada de Castelao, rúa das Camelias, rúa Cereixos, rúa Agro da Madalena, rúa Estivada de Castelao, rúa das Camelias, rúa Cereixos, rúa Agro da Madalena, rúa Agro do Medio e praza de Manuel Murguía, onde se rematará cunha festa.