Pestanas principais

As curtametraxes Voa; Folla en Branco; Eu, un Monstro?; e Cat Lake City; foron as gañadoras do IV Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, Cinema Miúdo

Martes, 14 de decembro de 2021

Arredor de 650 nenas/os, nais e país achegáronse ás Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro esta pasada fin de semana para gozar da cuarta edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, Cinema Miúdo, o único en Galicia especializado en público infantil e familiar. Durante tres días, proxectáronse máis de 50 curtametraxes a concurso, chegadas de moitos recunchos do mundo. Ademais, houbo diferentes actividades paralelas: talleres de stop motion e de maquillaxe de efectos especiais; festa dos videoclips galegos; e proxeccións complementarias (Festi convidado Olloboi e pase de curtas OQO). O festival está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Ames e conta co apoio da Deputación da Coruña. Consulta a galería de imaxes premendo nesta ligazón.

A cuarta edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, Cinema Miúdo, xuntou a un gran número de espectadores arredor dunha gran pantalla para ver máis de 50 curtametraxes nacionais e internacionais, que estiveron divididas en dous bloques segundo a idade: Axóuxeres, para nenas e nenos a partir de dous anos, e Buxainas, para aquelas rapazas e rapaces de sete anos en adiante. Ademais, proxectouse a película A galiña Turuleca.

Ademais, houbo diferentes actividades paralelas: talleres de stop motion; un obradoiro de maquillaxe de efectos especiais; a festa dos videoclips galegos; e proxeccións complementarias (Festi convidado Olloboi e pase de curtas OQO). A xornalista, Loly Gómez, foi a presentadora do Festival. Nas sesións de inauguración e clausura houbo unha actuación de maxia a cargo do ilusionista, Carlos Tomico, da compañía Maxia na manga.

En todas as sesións de proxeccións, así como nos obradoiros houbo unha boa participación. Nos obradoiros participaron un total de 55 rapaces e rapazas. Ademais, hai que sumar todas as persoas que participaron nas diferentes proxeccións realizadas. En total, o Festival contou cunha participación de arredor de 650 nenas/os, nais e país, que se achegaron ás Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.

Por outra banda sorteáronse 15 bolsas de Cinema Miúdo, 5 por día, entre todas aquelas persoas que realizaron unha fotografía no photocall do festival ou na exposición de pezas do artista de efectos especiais de maquillaxe, Alberto, Hortas, de 4 Ojos Estudio. A mostra estivo exposta na Casa da Cultura de Bertamiráns.

A concelleira de Cultura, Natividade González, destaca “a boa acollida que tivo un ano máis o Festival de Cine Infantil de Ames” e mostra a súa satisfacción porque “o certame  Cinema Miúdo consolídase así como unha mostra da multiculturalidade no audiovisual e no mundo, e un motor que incentiva a creación de cinema para crianzas no nosos país”.

Curtas premiadas
Na sección Axóuxeres, de pezas para nenos e nenas a partir dos dous anos, o xurado resolveu entregar o premio á curtametraxe Voa, do director Carlos Gómez – Mira Sagrado. O filme desta categoría máis votado polo público foi Eu, un Monstro?, da directora Belinda Bonan.

Na categoría Buxainas, de curtametraxes para rapaces e rapazas de sete anos en adiante, o xurado chegou ao consenso de premiar Folla en Branco, do director Bastian Eipert. Por outra banda, o filme Cat Lake City, da directora Antje Heyn, foi o preferido das crianzas e recibiu o premio do público.

Os premios outorgados polo xurado están dotados con 500 euros cada un, mentres que as curtas premiadas polo público reciben un premio de 200 euros. En total repartíronse 1.400 euros en premios.

Desta maneira, as curtas vencedoras do IV Festival Internacional de Cine Infantil foron:
    • Premio Axóuxeres do xurado: Voa, do director Carlos Gómez – Mira Sagrado.
    • Premio Buxainas do xurado: Folla en Branco, do director Bastian Eipert.
    • Premio Axóuxeres do público: Eu, un Monstro?, da directora Belinda Bonan.
    • Premio Buxainas do público: Cat Lake City, da directora Antje Heyn.

Na Gala de clausura do festival participaron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Cultura, Natividade González; varios/as concelleiros/as do grupo de goberno: David Santomil, Genma Otero, Víctor Fernández e Beatriz Martínez; así como Oliva Agra, do grupo municipal do Partido Popular;  Quique Costas, de Ames Novo, pertencente ao grupo mixto; e maila técnica municipal de cultura, María Vázquez.

Para consultar a galería de imaxes do IV Festival Internacional Cinema Miúdo, preme nesta ligazón.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Curtas de Alemaña e España arrasaron no Festival Cinema Miúdo"

IV Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, Cinema Miúdo

Multimedia

  • IV Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, Cinema Miúdo