Pestanas principais

Dan comezo no Milladoiro as andainas de marcha nórdica incluídas no programa “Activa Ames Verán”

Xoves, 10 de agosto de 2023

Este xoves, 10 de agosto, arrinca no Milladoiro a primeira actividade de marcha nórdica “Camiñando no solpor”, incluída dentro da programación do “Activa Ames Verán”, posto en marcha polo departamento de Promoción da Saúde. A andaina volverá a repetirse con saída dende o Milladoiro o 24 de agosto, e dende Bertamiráns os días 17 e 31. A proposta é gratuíta, e non é precisa inscrición previa. Así, complétase o ciclo de iniciativas do “Ames Activa Verán”, que tamén comprende clases de ioga terapéutico, de taichi tradicional e de chi kung. 

Un ano máis, o departamento de Promoción da Saúde do Concello de Ames está a desenvolver o programa “Activa Ames Verán”, unha adaptación das actividades do Ames Saudable que ten lugar durante a época estival, con propostas para o coidado da saúde física e emocional. As actividades realízanse no Milladoiro (no entorno da piscina municipal) e en Bertamiráns (nos xardíns do Pazo da Peregrina).

Hoxe, xoves 10, dan comezo as andainas de marcha nórdica, unha das propostas do programa para este verán. O punto de encontro é a Casa da Cultura do Milladoiro, e a actividade dará comezo ás 20:30 horas. Os camiñantes recorrerán oito quilómetros e medio, e pasarán pola carballeira de Paramuíño, a aldea de Ventín, o lugar de Coira e por un tramo do Camiño de Santiago.

Participar na andaina é gratuíto, e non é necesaria inscrición previa. As persoas que precisen bastón para realizar o percorrido poden solicitar o seu préstamo de xeito gratuíto a través do enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal.

Ao longo do mes realizaranse outras tres rutas de marcha nórdica, con saída dende o Milladoiro o 24 de agosto e dende Bertamiráns os días 17 e 31. Esta actividade reporta numerosos beneficios: combate as malas posturas corporais, axuda a perder peso, fortalece o corazón e mellora a circulación sanguínea, contribúe a mellorar a práctica doutros deportes, reduce o estrés...

Clases de ioga terapéutico, taichi tradicional e chi kung
A programación do “Activa Ames Verán” completouse con clases doutras disciplinas, que tiveron lugar durante o mes de xullo. Así, os días 3, 5, 10 e 12 houbo ioga terapéutico no Milladoiro; mentres que en Bertamiráns ofreceuse a actividade os días 4, 6, 11 e 13. Por outro lado, celebráronse sesións de taichi tradicional e de chi kung, os días 17, 24 e 31 de xullo no Milladoiro e 18, 20 e 27 en Bertamiráns. Todas elas lograron unha gran acollida e contaron con vinte participantes de media por xornada.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Marcha nórdica no Milladoiro"

Os participantes dunha das sesións de ioga terapéutico

Multimedia

  • Dan comezo no Milladoiro as andainas de marcha nórdica incluídas no programa “Activa Ames Verán”