Pestanas principais

Danse a coñecer as persoas gañadoras da terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames

Martes, 20 de xuño de 2023

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organizou a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. A esta edición presentáronse un total de 52 fotografías, repartidas entre as tres categorías existentes (paisaxe, macro e artística). O xurado, que estivo composto por catro persoas (dúas achegadas polo Concello e outras dúas por XEA), encargouse de elixir as nove mellores fotografías. Ademais, en cada categoría outorgáronse tres accésits. Os/as premiados/as serán notificados/as mediante chamada telefónica.

O xurado, como no ano anterior, estivo composto por 4 persoas: dúas escollidas por XEA (Adrián Cunha, de Pixelin Photo; e Ramón Cordido, de La Rayuela), e outras dúas en representación do Concello de Ames (as técnicas de Turismo, Sonia Moure, e de Medio Ambiente, Patricia Reboreda). Tralo ditame, xa se coñecen as fotografías gañadoras da terceira edición do concurso Enfoca Ames.

Na categoría paisaxe, o primeiro premio foi para Candela Conde López, coa foto “Á sombra das campás”. O segundo premio recaeu en Ainhoa Conde Castro, coa obra “O ceo tamén brilla baixo a auga”; mentres que o terceiro premio foi para Alicia Sánchez Nine, coa instantánea, “Cara á luz”. Os tres accésits recaeron en José Luis Gigirey González (“Tormenta en Covas”), Lara Lozano Aguiar (“A golpe de sacho das patacas, coida a nai terra”) e María Cristina Valdés Ferreiro (“El túnel del tiempo”).

Na categoría macro o primeiro premio foi para María Cristina Valdés Ferreiro, coa obra “La suma de todas las partes”. O segundo premio recaeu en Lupe Ferro Santiago, coa fotografía “Avelaíña da boa sorte”; e o terceiro premio foi para Leticia Nieto Santiago, coa obra “Tela de araña”. Os accésits foron para Pablo Blanco Teijeiro (“Xantar amarelo”), María Elisa Gómez Rodríguez (“Bolboreta dos pasos”) e Ainhoa Conde Castro (“O néctar do teu sorriso”).

Por último, na categoría artística, o primeiro premio foi para José Luis Gigirey González, coa instantánea “Impresionismo natural”. O segundo premio recaeu en Lucía Muñoz Pereira, coa obra “O Ames que seremos”, e o terceiro premio foi para Amparo Portabales Dobaño, coa fotografía “Quedo abraiado”. Os tres accésits recaeron en María Elisa Gómez Rodríguez (“Amaea”), Lucía Mallo Seijo (“Pazo de Lens”), e Lara Lozano Aguiar (“A metamorfose da arxila á gárgola”).

Queda pendente por concretar a data e o lugar da entrega de premios, nove cheques (un por cada premiado das tres categorías) para gastar nos comercios asociados á XEA. O primeiro premio é de 100 euros, o segundo de 50 euros e o terceiro de 25 euros. As persoas agraciadas serán notificadas mediante chamada telefónica.

O xurado desta edición, deliberando para decidir os gañadores

Multimedia

  • Primeiro premio da categoría paisaxe - "Á sombra das campás" (Candela López)
  • Primeiro premio da categoría macro - "La suma de todas las partes" (María Cristina Valdés Ferreiro)
  • Primeiro premio da categoría artística - "Impresionismo natural" (José Luis Gigirey)
  • Segundo premio da categoría paisaxe - "O ceo tamén brilla baixo a auga" (Ainhoa Conde Castro)
  • Segundo premio da categoría macro - "Avelaíña da boa sorte" (Lupe Ferro Santiago)
  • Segundo premio da categoría artística - "O Ames que seremos" (Lucía Muñoz Pereira)
  • Terceiro premio da categoría paisaxe - "Cara á luz" (Alicia Sánchez Nine)
  • Terceiro premio da categoría macro - "Tela de araña" (Leticia Nieto Santiago)
  • Terceiro premio da categoría artística - "Quedo abraiado" (Amparo Portabales Dobaño)