Pestanas principais

Dende o luns 23 de setembro verase afectado o tráfico na N-550 polas obras de humanización da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro

Xoves, 19 de setembro de 2024

Os traballos levaranse a cabo entre os quilómetros 67 e 68,8, polo que se cortará a circulación nun carril por cada sentido, habilitándose itinerarios alternativos. O proxecto contempla a optimización dos espazo, a execución dun carril bici, a ampliación das beirarrúas ou a construción dunha glorieta, entre outros. As obras, que se prolongarán previsiblemente ata finais de 2025, contan cunha inversión de 4,4 millóns de euros e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Habilitouse unha oficina de obra, situada na rúa das Palmeiras, para que a veciñanza que o desexe poida facer calquera consulta relacionada coas obras.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar as obras de humanización da estrada N-550 entre os quilómetros 67 y 68,600. Esta vía, coñecida como avenida de Rosalía de Castro, é un dos viarios centrais da área urbana do Milladoiro.

Por iso, e para garantir a seguridade tanto dos traballadores como dos usuarios, a partir das 8:30 horas do vindeiro luns 23 de setembro haberá unha redución secuencial de dous a un só carril por sentido de circulación nos tramos en obras, manténdose aberta ao tráfico a travesía aínda que con restricións.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante o tempo que duren as obras habilitaranse diversos itinerarios alternativos:
    • Recoméndase, con carácter xeral, que os itinerarios entre Santiago e Padrón se fagan evitando a travesía do Milladoiro, empregando a autovía AG-56 e a vía de alta capacidade VG-1.7, propoñéndose las seguintes alternativas:
        ◦ Alternativa ao traxecto de saída de Santiago en dirección Padrón: incorporación á autovía AG-56 na conexión coa SC-20, e saída no enlace de Pardiñas (quilómetro 3), dirección á vía de alta capacidade VG-1.7, cara a travesía das Galanas.
        ◦ Alternativa ao traxecto de entrada a Santiago desde Pontevedra ou Padrón: incorporación á vía de alta capacidade VG-1.7, situada no quilómetro 69,200 da N-550, dirección Santiago, incorporación á autovía AG-56 dirección Santiago de Compostela, e saída na conexión coa estrada SC-20.
    • No caso dos traxectos locais, para acceder a vivendas ou establecementos do núcleo urbano do Milladoiro, recoméndase empregar rúas paralelas á travesía do Milladoiro, para evitar circular polo tramo en obras.
    • Para acceder e saír do parque empresarial Novo Milladoiro recoméndase empregar os viarios que conectan o polígono coa VG-1.7 no enlace de Biduído, e a súa posterior conexión coa AG-56.

Características dos traballos
Durante este período levaranse a cabo os traballos para a transformación da travesía de Milladoiro. Os obxectivos desta actuación son:
    • Humanización da rúa, mediante actuacións que propicien unha redución da velocidade de circulación na travesía.
    • Reordenación e optimización do espazo público, delimitando o uso e as funcións de cada zona que debe constituír a rúa.
    • Redución dun carril de circulación ao tráfico rodado por cada un dos sentidos cunha anchura de 3,5 metros.
    • Execución dun carril bici de dobre sentido de circulación, dunha anchura de 2,50 metros.
    • Ampliación da sección útil das beirarrúas, previa demolición das actuais.
    • Disposición de zonas para viandantes, carga e descarga e aparcamento reservado.
    • Execución dunha glorieta na intersección da rúa Figueiras e a rúa Curuxa, e dunha calzada anular xiratoria na intersección coa rúa Castelao e a rúa Magdalena que permitan o xiro a esquerdas do autobús.
    • Reordenación de cruces e accesos, mediante a disposición de cambios de sentido (inexistentes na travesía) e mellora da comunicación entre ambas marxes.
    • Instalación de pasos de peóns na travesía con semáforos con pulsador.
    • Demolición da pasarela peonil sobre a N-550, localizada no quilómetro 67,160, que non se adecúa á actual normativa de accesibilidade. Será substituída por un paso de peóns con semáforos e pulsador.
    • Fresado completo do pavimento de rodadura de la calzada e dos aparcamentos, así como extensión de mestura bituminosa en quente, repintando a calzada e adaptando a sinalización horizontal e vertical.
    • Reposición das canalizacións afectadas polas obras e as arquetas ou pozos de rexistro danados o en mal estado.
    • Renovación do alumeado público e resto de obras complementarias.
    • Mellora e consolidación dos ámbitos para as paradas de autobús.
    • Implantación de árbores ao longo da travesía.

As obras están incluídas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) para ser financiadas cos fondos Next GenerationEU, e contan cunha inversión de 4,4 millóns de euros (IVA incluído).

Oficina de obra para facer consultas
Lémbrase á cidadanía que, para calquera consulta relacionada coas obras, ten á súa disposición a oficina de obra situada na rúa das Palmeiras, número 83, parcela A1 – parque empresarial Novo Milladoiro - Ames (A Coruña), entre as 9:00 e as 13:00 horas, e entre as 15:00 e as 19:00 horas de luns a venres. O teléfono de contacto é 881 817 218.

Así mesmo, dispoñen do correo electrónico milladoiro@eptisa.com, no que poderán realizar reclamacións, incidencias ou suxestións asociadas coas obras de humanización da travesía do Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Las restricciones al tráfico de la N-550 en la travesía de O Milladoiro empezarán el próximo lunes"

Lindeiros: "Transportes comeza as obras na travesía do Milladoiro"

El Correo Gallego: "Transportes detalla los planes de humanización de O Milladoiro y recomienda el desvío por As Galanas"

Itinerarios alternativos

Multimedia

  • Imaxe sobre a zona de actuación
  • Fases de peche de carrís ao tráfico durante as obras