Pestanas principais

A deportista amesá Olivia Parga consegue a medalla de ouro na IV xornada da Liga Galega de karate

Venres, 24 de maio de 2024

O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil.

A pasada semana, a deportista do Milladoiro, Olivia Parga Garcia, gañou a medalla de ouro na IV xornada da liga galega de karate. Ademais, desprazouse ata A Coruña para participar na participar na Karate 1 Youth League, a liga mundial de karate.  

Así mesmo, recentemente participou no Campionato de España de Karate celebrado en Guadalajara, no que logrou a medalla de bronce en kumite xuvenil en 37 kg, sendo unha das tres deportistas que alcanzou o metal de toda Galicia.

Parga, que actualmente ocupa o cuarto posto no ranking nacional, conseguiu no pasado mes de febreiro a medalla de ouro na I xornada da Liga Nacional celebrada en Avila. Ademais, nos últimos tres anos foi campioa galega en kumite xuvenil.

A deportista amesá Olivia Parga consegue a medalla de ouro na IV xornada da Liga Galega de karate

Multimedia

  • A deportista amesá Olivia Parga consegue a medalla de ouro na IV xornada da Liga Galega de karate
  • A deportista amesá Olivia Parga consegue a medalla de ouro na IV xornada da Liga Galega de karate