Pestanas principais

Do 18 ao 23 de maio está aberto o prazo para a renovación de prazas na Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2015-2016

Luns, 04 de maio de 2015

[04-05-2015] A Escola Municipal de Musica de Ames abre entre o 18 e o 23 de maio o prazo de renovación de prazas para o curso 2015-2016, para todos aqueles nenos/as que xa estiveron matriculados este ano na escola. Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, aos alumnos da Escola para a continuación de estudios. Mentres que todas aquelas persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA deberán realizar a matrícula no mes de xuño. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un aviso sobre a renovación de prazas na Escola Municipal de Música de Ames.