Pestanas principais

Dous deportistas da escola Dokkodo competiron no Campionato de España de karate infantil

Luns, 29 de abril de 2024

Esta fin de semana celebrouse en Guadalajara o Campionato de España de Karate Infantil, no que competiron dous deportistas da escola amesá despois de ser seleccionados para representar a Galicia.

Na modalidade de kata, Tiago Blanco competiu en categoría benxamín, amosando un excelente desempeño que lle permitiu chegar ata as semifinais. Porén, non obtivo o pase á final, e tivo que loitar polo bronce. Finalmente, obtivo o quinto posto da clasificación.

Por outra banda, Xián Blanco competiu en kumite na categoría Alevín >34kg, onde tivo unha actuación decidida no primeiro combate levando a iniciativa no marcador. Con todo, non obtivo o resultado desexado.

Ademais, o técnico da escola Adrián Seoane completou a súa titulación como Árbitro Nacional A, o que lle permitiu participar nesta mesma competición.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Iago Blanco e Xián Blanco, da escola Dokkodo de Ames, competiron representando a Galicia no Campionato de España de Karate Infantil"

La Voz de Galicia: "Jóvenes karatecas de Ames triunfan en el campeonato de España"

Dous deportistas da escola Dokkodo competiron no Campionato de España de karate infantil

Multimedia

  • Dous deportistas da escola Dokkodo competiron no Campionato de España de karate infantil