- Tematica
O pasado 16 de abril celebrouse en Santiago de Compostela o evento “Os 10.000 peregrinos”, organizado pola Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña. Nel participaron dous atletas do club Millaraio na categoría sub18, Lucas Pena e Adrián Sésar. Ambos lograron alcanzar o podio nas súas respectivas modalidades.
“Os 10.000 peregrinos” é unha proba inclusiva pensada para a participación de toda a poboación: nenos, nenas, novos, maiores... e que busca fomentar e promover o deporte en xeral a través da práctica do pedestrismo, ofrecendo diferentes opción segundo o rango de idade.
Dous atletas do Club Millaraio, Lucas Pena Carracedo e Adrián Sesar Míguez, participaron no evento, na categoría sub18 e nas modalidades de 5 quilómetros e 10 quilómetros respectivamente.
Pena Carracedo logrou ser o primeiro atleta sub18 na clasificación final, rematando cun tempo de 17 minutos e 26 segundos. Pola súa banda, Sesar Míguez completou os dez quilómetros en 47 minutos e 20 segundos, colocándose no segundo lugar.
Ambos atletas adestran xa para enfrontarse ás competicións que teñen por diante, xa comezada a tempada de aire libre.