Pestanas principais

Dru Parbel presentará o sábado o seu novo libro na biblioteca municipal de Bertamiráns

Venres, 15 de decembro de 2017

[15-12-2017] A autora Dru Parbel presentará o seu novo libro de poemas “Retazos de un alma” este sábado, 16 de decembro, na biblioteca municipal de Bertamiráns, ás 12:30 horas. A obra, que comenzou a súa andaina na década dos 90, inclúe poesías desde ese momento ata a actualidade. O acto incluirá tamén unha pequena abordaxe sobre a súa primeira novela “La Caja de Dru”, unha historia de fantasía con compoñentes da cultura celta.

Dru Parbel define a súa nova obra como “unha recompilación de poesías, sensacións, sentimentos, situacións, palabras... En definitiva, de todo aquilo que fai que a nosa alma nos faga sentir vivos: amor, desamor, loucura, soidade, tristeza, esquecemento e a loita interior que cada día realizamos contra nós mesmos”. Retazos de un alma será presentada este sábado, 16 de decembro, na biblioteca municipal de Bertamiráns, ás 12:30 horas.

Así mesmo, o acto tamén incluirá unha pequena presentación da novela La Caja de Dru. Unha novela de fantasía, cun forte compoñente romántico e cun toque histórico e mitolóxico que achega ás lectoras e lectores a un mundo descoñecido. A novela, igual que este novo libro de poesía, foi editado por Ediciones Camelot.

Esther Parrizas Bellido, mellor coñecida como Dru Parbel, naceu en Madrid en 1974. Interesada pola poesía desde a adolescencia, foi en Santiago de Compostela onde xurdiu a idea da súa primeira novela La Caja de Dru. Na actualidade, a autora atópase traballando na súa segunda novela, así como na escrita dun conto infantil.